Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2012 Páx. 21389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1035/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber que por dilixencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Juan Carlos Rodríguez Martínez contra Tabellarius, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1035/2009, se acordou notificar a Tabellarius, S.L. o auto aclaratorio de sentenza de data 8.5.2012., en ignorado paradoiro, que é o seguinte:

Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

N. º de autos: demanda 1035/2009 F.

Materia: ordinario.

Demandante: Juan Carlos Rodríguez Martínez.

Demandado: Tabellarius, S.L.

Autos 1035/2009.

Na cidade da Coruña o 8 de maio de dous mil doce.

Lara María Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, ditou o seguinte auto:

Antecedentes de feito.

Primeiro. O día 4.5.2012 presentouse solicitude de aclaración por parte do demandante da sentenza deste xulgado con data 13.4.2012.

Fundamentos de dereito.

Único. 1. As leis consagran a invariabilidade das sentenzas polo propio órgano que as ditou e a única canle legalmente prevista para modificar os seus termos é o da aclaración (artigo 267 LOPX; e artigos 214 e 215 LAC), como dimensión do dereito á tutela xudicial efectiva (SSTC 14/1984; 138/1985; 119/1988; 203/1989; 27/1992; 101/1992, etc.). Mais constituíndo a vía aclaratoria ou emendatoria unha excepción ao principio de intanxibilidade, este mecanismo debe entenderse limitado á función específica reparadora para a cal se estableceu, así como que a figura da aclaración debe ser obxecto dunha rigorosa interpretación restritiva, polo seu carácter de excepción fronte ao principio de inmodificabilidade das resolucións xudiciais (SSTC 180/1997, 27/outubro, FX 2; e 48/1999, 22/marzo, FX 2; etc.).

2. Pois ben, neste asunto advírtese que, aínda que na acta de vista se recollía unha mera ratificación da demanda e dos seus termos, visionado o soporte audiovisual e comprobado o documento de ampliación achegado pola parte demandante, produciuse un erro ao non ter en conta esta ampliación realizada, o que levou a recoller unha cantidade debida menor no ordinal segundo e, por conseguinte, tamén na decisión, dado que a sentenza foi estimatoria totalmente. Polo tanto, corresponde corrixir ambos os dous erros.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva.

Acórdase corrixir os erros da sentenza deste xulgado de data 13.4.2012, ditada nos autos número 1035/2009, de maneira que no ordinal segundo se diga: «A empresa demandada non lle aboou as seguintes cantidades:

Paga extra 2008: 825,09 €.

Paga extra marzo 2009: 858,10 €.

Parte do salario de maio 2009: 586,90 €.

Parte do salario de xuño 2009: 615,91 €.

Salario de xullo 2009: 1086,90 €.

Paga extra verán 2009: 858,10 €.

Salario de agosto 2009: 1086,90 €.

Salario setembro 2009: 1086,90 €.

Salario outubro 2009: 1086,90 €.

Salario novembro 2009: 724,60 €.

Extra decembro 2009: 667,41 €.

Extra marzo 2010: 761,71 €.

Ascendendo o total reclamado a: 10.245,42 €.

E na decisión dígase: «Que estimando a demanda interposta por Juan Carlos Rodríguez Martínez contra a empresa Tabellarius, S.L., condénase esta última a que lle aboe ao demandante a cantidade de dez mil douscentos corenta e cinco euros e corenta e dous céntimos (10.245,42 €), incrementada co xuro por mora do 10%».

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Tabellarius, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, quince de maio de dous mil doce.

Adelaida Egurbide Margañón
A secretaria xudicial