Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 7 de xuño de 2012 Páx. 22022

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012-2013.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 3, integra as ensinanzas deportivas dentro do sistema educativo como ensinanzas de réxime especial. Así mesmo, no capítulo VIII do título I fixa os principios xerais que as rexerán e atribúe ás administracións educativas o establecemento do currículo das distintas ensinanzas, do cal formarán parte os aspectos básicos fixados polo Goberno.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, preceptúa nas súas disposicións transitorias segunda e terceira a vixencia temporal das ensinanzas establecidas ao abeiro do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e das normas de desenvolvemento das ensinanzas deportivas previstas no Real decreto 1913/1997, salvo nos aspectos que nesas disposicións transitorias se indican e, concretamente, a vixencia, entre outras, da Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro, e da Orde ECD/454/2002, do 22 de febreiro.

A Orde do 24 de marzo de 2003, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, regula no ámbito de Galicia as probas de madureza e as de carácter específico para acceder ás ensinanzas deportivas conducentes ás titulacións establecidas polo Real decreto 1913/1997, así como á formación deportiva prevista na Orde ECD/3310/2002, e nela autorízase a dirección xeral competente en materia de ensinanzas de réxime especial para coordinar as probas e criterios de avaliación, así como para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do previsto nesa orde.

Por todo o exposto, esta dirección xeral resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012-2013, que se rexerán polas seguintes instrucións:

I. Modalidades de acceso.

1. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:

a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica.

c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

2. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e cumprir os requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente.

b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ou 18 anos sempre que posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.

Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.

c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

II. Inscrición para as probas.

1. A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa excepción da especialidade hípica, que se fará nos centros autorizados que a impartan, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 28 de xuño de 2012. Para tal fin, os centros docentes deberán expor nos seus taboleiros de anuncios o seguinte:

a) Normativa reguladora da admisión do alumnado.

b) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.

c) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

2. Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitarán ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo I a esta resolución. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

– Título de graduado na ESO ou de bacharel, ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións da ESO ou do bacharelato.

– Certificado de estudos do ciclo formativo en que figuren as cualificacións das materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título ou o libro de cualificacións do ciclo formativo.

– Certificado da proba de madureza de acceso ás ensinanzas deportivas.

– Certificación que acredite a superación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño.

– Certificación que acredite a superación da parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño.

– Certificación de méritos deportivos expedida pola federación española ou autonómica correspondente. De acordo co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, na disposición transitoria segunda, no seu número 2, e en relación coa especialidade de fútbol e fútbol sala, considerarase no caso de fútbol como categorías nacionais: primeira división, segunda división, segunda división B, terceira división e división de honra xuvenil, en competicións masculina, e a superliga e primeira nacional na competición feminina. Na especialidade de fútbol sala, considerarase categorías nacionais a división de honra, división de prata, primeira nacional A, primeira nacional B e xuvenil nacional como categorías masculinas, e división de honra e división de prata, nas categorías femininas.

3. As persoas solicitantes da exención total ou parcial da realización da proba de madureza por ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, segundo o establecido no punto décimo da Orde do 24 de marzo de 2003, xuntarán o certificado correspondente onde conste a opción efectuada e a puntuación conseguida. A resolución sobre a exención corresponde ao tribunal avaliador.

4. As persoas solicitantes que aleguen mérito deportivo xuntarán o documento acreditativo da condición de deportista de alto nivel na correspondente modalidade ou especialidade, emitido polo órgano competente en materia deportiva. A resolución sobre a exención corresponde ao tribunal avaliador.

5. O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica.

6. No caso dos/as aspirantes con discapacidade que soliciten adaptación nas probas de madureza e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas, farano constar no lugar correspondente da inscrición, e deberán acreditar o grao de discapacidade mediante un certificado emitido polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) ou o órgano competente das comunidades autónomas. Non se admitirá como válido ningún outro tipo de documento acreditativo a este respecto.

Co obxecto de garantir a eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ao título, o tribunal avaliará o grao de discapacidade e as limitacións que comporte para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas e, de ser o caso, adaptará os requisitos e as probas de acceso que deban superar as persoas aspirantes que, en todo caso, deberán respectar o esencial dos obxectivos fixados no Real decreto 1363/2007 e das ensinanzas mínimas da modalidade ou especialidade deportiva correspondente.

7. Volante de inscrición condicional, en caso de alegar titulacións obtidas no estranxeiro, segundo o modelo recollido como anexo II na Orde ECD/3305/2002, do 16 de decembro, pola que se modifican as do 14 de marzo de 1988 e do 30 de abril de 1996, para a aplicación do disposto no Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria (BOE do 28 de decembro).

8. Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre que acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza.

9. O día 29 de xuño de 2012 os centros onde se realice a inscrición enviarán á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través de mensaxaría urxente, a relación de persoas inscritas para realizaren as probas de acceso, xunto coa documentación presentada, en que deberán constar expresamente as persoas que solicitan exención das probas ou probas adaptadas. Unha vez rematadas as probas, a documentación será remitida ao centro de orixe.

10. A relación provisoria de persoas inscritas será exposta nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición o día 10 de xuño, así como no portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es

11. Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisorias, a través das secretarías dos centros en que se presentou a solicitude desde o día 11 ao 13 de xullo. Os centros remitirán estas alegacións, xunto coa documentación presentada, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o día 16 de xullo por mensaxaría urxente.

12. A relación definitiva de persoas inscritas será exposta nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición o día 19 de xullo, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es

III. Desenvolvemento das probas.

1. A proba de madureza realizarase segundo figura no anexo III desta resolución e terá lugar no IES As Fontiñas, en Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a seguir:

a) Grao medio. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 horas ás 13.00 horas.

– Lingua galega.

– Lingua castelá.

– Parte sociocultural.

– Parte científico-tecnolóxica.

b) Grao superior. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 horas ás 13.00 horas.

– Lingua galega e literatura.

– Lingua castelá e literatura.

– Lingua estranxeira (inglés/francés).

– Historia de España.

– Historia da filosofía.

– Ciencias para o mundo contemporáneo.

– Cidadanía e filosofía.

2. A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:

– Na modalidade de baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía, o día 5 de setembro ás 9.00 horas.

– Na modalidade de fútbol sala terá lugar no IES A Farixa en Ourense, o día 6 de setembro ás 9.00 horas.

– Na modalidade de atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 7 de setembro ás 9.00 horas.

– Na modalidade de fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 10 de setembro ás 9.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra, o día 11 de setembro ás 9.00 horas.

– Na modalidade de balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra, o día 11 de setembro ás 9.00 horas.

– Na modalidade de hípica terá lugar nos centros autorizados en que se imparta a dita especialidade, o día 12 de setembro ás 9.00 horas.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por ser o centro directivo habilitado para coordinar estas probas e os seus criterios de avaliación.

IV. Tribunais das probas.

Os tribunais constituiranse de acordo co descrito nos respectivos decretos polos que se establecen os currículos das modalidades ou especialidades correspondentes, tal como figuran nos anexos IV e V da presente resolución.

V. Reclamacións.

1. Contra as cualificacións provisorias das probas de acceso poderase presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta do tribunal durante os dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

2. Contra as resolucións das reclamacións, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, ante a xefatura do departamento territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria correspondente segundo o ámbito provincial en que se ditase a resolución impugnada. A resolución deste recurso porá fin á vía administrativa.

3. Contra a resolución do recurso de alzada as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

VI. Certificación das probas de madureza.

Unha vez publicada a listaxe definitiva de aspirantes que superaron a proba de madureza, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa remitirá os correspondentes certificados de ter superada a proba aos centros onde os/as aspirantes realizaron a inscrición.

VII. Matrícula.

1. O prazo de matrícula abranguerá desde a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 19 de setembro.

2. Para a formalización das solicitudes de matrícula os centros facilitarán ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo II a esta resolución. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, que se xuntará á documentación xa presentada.

3. No relativo a criterios de admisión, observarase o disposto polo Real decreto 1363/2007, no seu artigo 34.

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO III

I. Proba de madureza dos ciclos de grao medio das ensinanzas deportivas.

A proba de madureza constará das seguintes partes:

– Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos (matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía).

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria. Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.

II. Proba de madureza dos ciclos de grao superior das ensinanzas deportivas.

A proba de madureza versará sobre as seguintes materias comúns propias do currículo do bacharelato:

– Lingua galega e literatura.

– Lingua castelá e literatura.

– Filosofía e cidadanía.

– Lingua estranxeira (inglés/francés).

– Ciencias para o mundo contemporáneo.

– Historia de España.

– Historia da filosofía.

Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será dunha hora para cada materia.

Neste exercicio valorarase o grao de madureza da persoa aspirante canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

ANEXO IV

Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de madureza das ensinanzas deportivas para o curso 2012-2013:

Tribunal titular

Tribunal suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Secretaria

Noemí Álvarez Villar

Secretaria

Blanca Rio Rey

Vogal 1.º

Pilar Peñas Boleas

Vogal 1.º

M.ª Teresa de Jesús Rey Rey

Vogal 2.º

M.ª Luz Ares Fandiño

Vogal 2.º

M.ª Blanca Fraga Lago

Vogal 3.º

Julia Taboada Martínez

Vogal 3.º

Enrique Juan Álvarez Escudero

Vogal 4.º

Carmen Meiriño González

Vogal 4.º

Rubén Barderas Rey

Vogal 5.º

Pedro Pérez Vérez

Vogal 5.º

Antonio León Molina

ANEXO V

1. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico das ensinanzas deportivas en fútbol sala para o curso 2012-2013:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretaria

María Paz Gago

Vogal 1.º

Javier Rodríguez Sarmiento

Vogal 1.º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2.º

Miguel Aragón Fitera

Vogal 2.º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3.º

Isidro Grela Mosquera

Vogal 3.º

Emilio de Vicente Nogueira

2. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en fútbol I (A Coruña) para o curso 2012-2013:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretaria

María Paz Gago

Vogal 1.º

José Manuel Martínez Paz

Vogal 1.º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2.º

Modesto Yáñez Garrote

Vogal 2.º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3.º

Juan Carlos Rodríguez López

Vogal 3.º

Emilio de Vicente Nogueira

3. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en fútbol II (Pontevedra) para o curso 2012-2013:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretaria

María Paz Gago

Vogal 1.º

Antonio Alberto Villamor Pérez

Vogal 1.º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2.º

Francisco Pérez Carral

Vogal 2.º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3.º

Telmo Silva Alonso

Vogal 3.º

Emilio de Vicente Nogueira

4. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en baloncesto para o curso 2012-2013:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretaria

María Paz Gago

Vogal 1.º

Jesús Ferrer Jaureguiza

Vogal 1.º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2.º

Pablo Villaronga Paz

Vogal 2.º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3.º

Iván Villar Fernández

Vogal 3.º

Emilio de Vicente Nogueira

5. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en balonmán para o curso 2012-2013:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretaria

María Paz Gago

Vogal 1.º

Francisco Pérez Carral

Vogal 1.º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2.º

Emilio Pintos Soto

Vogal 2.º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3.º

Telmo Silva Alonso

Vogal 3.º

Emilio de Vicente Nogueira

6. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en atletismo para o curso 2012-2013:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretaria

María Paz Gago

Vogal 1.º

Roberto Marcos Ferreiro

Vogal 1.º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2.º

Eduardo Pérez Romero

Vogal 2.º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3.º

Santiago Cabado Estraviz

Vogal 3.º

Emilio de Vicente Nogueira

7. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico das ensinanzas deportivas en hípica para o curso 2012-2013:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretaria

María Paz Gago

Vogal 1.º

Pilar Manescau Marín

Vogal 1.º

Gustavo Barroso Pernas

missing image file
missing image file