Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23262

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública sobre licenza de actividade para negocio de exposición e venda de materiais de construción e oficinas en nave de nova construción, nas parcelas 116 e 117 do polígono industrial de Nantes (SU-15), Sanxenxo.

A mercantil Cesáreo Fernández, S.L. solicitou desta presidencia licenza municipal (expediente A-026/09) para construción dunha nave industrial con destino á exposición e venda de materiais de construción e oficinas, nas parcelas 116 e 117 do polígono industrial de Nantes (SU-15), en Sanxenxo. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de exposición pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente encóntrase á disposición do público en xeral e pódese consultar nas oficinas da Xerencia Municipal de Urbanismo (rúa Cesteiros, 14, baixo, Sanxenxo), das 9.00 ás 14.00 horas.

Sanxenxo, 23 de abril de 2012

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo