Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23263

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública sobre licenza de actividade para apertura dun taller mecánico de motocicletas no lugar da Torre, 7, Adina (Sanxenxo).

Carlos Luis Deza Padín solicitou desta presidencia licenza municipal de actividade (expediente A-031/11) para apertura dun taller mecánico de motocicletas na Torre, 7, Adina. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de exposición pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente encóntrase á disposición do público en xeral e pódese consultar na Xerencia Municipal de Urbanismo (rúa Cesteiros, 14, baixo, Sanxenxo), das 9.00 ás 14.00 horas.

Sanxenxo, 27 de abril de 2012

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo