De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Higinio Prieto Prieto o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 15 de marzo de 2012, que fixa o prezo xusto do predio nº 1169-CO1 sito en Muras, relativo ao proxecto 00185, expediente 2009/006396, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2012
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00185-modif. nº 1, mellora trazado e capacidade estrada LU-540 (antiga C-640). Viveiro-Cabreiros. A Gañidoira-Cabreiros. Clave LU/02/002.01.3.M1. TM Muras.
Nº de expediente: 2009/006396.
Persoa que se notifica: Higinio Prieto Prieto.
Expropiante: CPTOPT. Servizo de Estradas de Lugo.
Expropiado: Higinio Prieto Prieto.
Beneficiaria: CPTOPT. Servizo de Estradas de Lugo.
Predio nº: 1169-CO1.
Concello: Muras.
Provincia: Lugo.
Valoración resolución do Xurado: 382,71 €.