Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 13 de xuño de 2012 Páx. 23246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 18 de maio de 2012 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia mediante os que se resolven os recursos de reposición de varios predios (expediente 2008002717 e outro).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00496, parque eólico de Ourol. Exp. 082-EOL.

Concello: Ourol. Provincia: Lugo.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. prov. Lugo.

Beneficiaria: Hidroeléctrica de Ourol, S.L.

Acto notificado: resolución de recurso de reposición.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

María Vázquez Franco

María Vázquez Franco

15.3.2012

15.3.2012

2008002717

2008002718

49A

49B

87.113,40

19.207,69