Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a declaración de deserta da contratación, mediante procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto, para o servizo de limpeza de diversos edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: SEXU 05-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17085

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza de diversos edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 90919200-4 (servizo de limpeza de oficinas).

e) Medio de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de la Unión Europea do 31 de decembro de 2011.

Boletín Oficial del Estado do 9 de xaneiro de 2012.

Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.864.406,78 € (IVE excluído), valor inicial do contrato máis posibles prórrogas.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 733.333,34 euros. Importe total: 1.100.000,00 euros.

6. Declaración de deserto:

a) Órgano de aprobación: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Data de aprobación: 25 de maio de 2012.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza