Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se empraza o interesado no recurso contencioso-administrativo 788/2011, interposto contra a desestimación da reclamación de reponsabilidade patrimonial RP/10/00058.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, en relación co recurso contencioso-administrativo 788/2011, interposto por Adelino Vázquez Sobrino, contra a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 6 de setembro de 2011, que resolve a reclamación por responsabilidade patrimonial RP/10/00058, polos danos no vehículo matrícula OU-5853-U, a causa do accidente acontecido o día 31 de xaneiro de 2008, cando ao intentar acceder ao garaxe do seu domicilio, situado na rúa Ribeiriño, 13, do concello de Ribadavia, lle rebentou unha roda como consecuencia da defectuosa execución dunhas obras municipais na zona ao quedar o bordo da beirarrúa en forma de punta; esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

A devandita resolución de remisión do expediente intentouse notificar persoalmente a Suso Fernández, S.L. e Lovircon, S.L., UTE Número Siete, con último domicilio coñecido na rúa Cesáreo, 1, entrechán, 32005 Ourense, interesado no citado procedemento, sen que fose posible tal notificación.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase para que poida presentarse como demandado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas