Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23322

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. número 152/2012, interposto por José María Morodo Lorenzo e Alberto Luis Bande Buján.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 152/2012, interposto por José María Morodo Lorenzo e Alberto Luis Bande Buján, contra a suspensión da Orde de convocatoria do concurso de provisión de postos de traballo, escala veterinarios, e a desestimación da Resolución da Consellería de Facenda dos recursos de reposición contra a Orde do 22 de xullo de 2011 pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública