Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23323

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información, pola que se fan públicos diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 8 de xuño de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.3. da orde da convocatoria, superaron o terceiro exercicio os/as aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte (20) puntos.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2012

Jaime Barros Leboreiro
Presidente do tribunal