Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23324

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 7 de xuño de 2012 pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de directores dos centros de formación e recursos e de asesores do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

A Xunta de Galicia, a través do Decreto 74/2011, do 14 de abril (DOG do 6 de maio), regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (LOE) en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste decreto determínase que os centros de formación e recursos contarán cun director que será o responsable do centro e representante da Administración educativa.

Para poder levar a cabo as súas funcións o Servizo de Formación do Profesorado, o Centro Autonómico de Formación e Innovación e os centros de formación e recursos contarán cun equipo de asesores e asesoras de formación, e será competencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria determinar o número de asesores e/ou asesoras, a especialidade docente e, se é o caso, os requisitos de formación e experiencia requiridos para o desempeño das súas funcións.

Ademais, o citado decreto establece que este persoal directivo e asesor será seleccionado mediante concurso público de méritos, entre os funcionarios e funcionarias de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que determinará os requisitos dos candidatos e os criterios de selección.

Ao haber prazas vacantes cómpre, polo tanto, proceder a realizar a súa oferta pública para a dirección e asesorías das estruturas de formación permanente do profesorado que quedaron vacantes tras a resolución da Orde do 3 de xuño de 2011.

En consecuencia, e en uso das atribucións que ten conferidas, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar concurso público de méritos para a provisión dos postos de dirección dos centros de formación e recursos (CFR) e de asesorías de formación no Servizo de Formación do Profesorado (SFP), no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e nos centros de formación e recursos (CFR), que se relacionan no anexo II.

Artigo 2. Requisitos de participación

Poderán participar neste concurso os funcionarios e funcionarias de carreira dos corpos docentes que imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación, con destino en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os profesores e as profesoras solicitantes deberán reunir, con data do 31 de agosto de 2012, os requisitos seguintes:

1. Encontrarse en situación de servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Contar cun mínimo de cinco anos de experiencia docente como funcionario de carreira para os postos de dirección de CFR e dun ano para os postos de asesoría. Para estes efectos computaranse os servizos docentes recoñecidos de acordo coa Lei 70/1978.

3. Aqueles que se correspondan cos requisitos das prazas que figuran no anexo II da presente orde.

Artigo 3. Perfís dos candidatos

O perfil dos directores dos CFR e asesores do SFP, do CAFI e dos CFR deberá responder ao dun docente coas seguintes características:

1. Unha sólida formación científica e pedagóxica e un amplo coñecemento da organización escolar, da formación permanente do profesorado, así como das funcións dos órganos dun centro educativo, do SFP, do CAFI e dos CFR.

2. Capacidade para integrarse en equipos de traballo, con dotes de organización, comunicación, dinamización de actividades e coordinación de grupos.

3. Dominio no uso e integración das tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito educativo.

Artigo 4. Solicitudes

1. As persoas que participen no concurso deberán presentar a súa solicitude mediante instancia axustada ao modelo que se recolle no anexo I.

2. As persoas que participen poderán solicitar, como máximo, dúas prazas das convocadas acordes co seu perfil.

3. Para cada praza solicitada cubrirase unha solicitude e con cada unha achegarase a totalidade dos documentos que se indican no artigo 5.

Artigo 5. Documentación

Coa instancia xuntarase a seguinte documentación:

1. Relación de documentación que se presenta.

2. Orixinais ou copias compulsadas dos méritos alegados, de acordo co anexo III da presente orde.

3. Orixinal do proxecto de actuación correspondente a cada praza solicitada. O proxecto terá unha extensión máxima de dez folios, por unha cara e a dobre espazo, en tamaño DIN-A4 e cunha letra tipo arial, tamaño once puntos sen comprimir. O contido do proxecto axustarase ao establecido no anexo IV desta orde.

O profesorado que completou o expediente persoal no enderezo web:

www.edu.xunta.es/datospersoais só deberá xuntar a documentación acreditativa dos novos méritos que alegue.

Artigo 6. Lugar e prazo de presentación

1. A instancia e a documentación a que se alude no artigo 5 da presente convocatoria poderán presentarse a través do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas xefaturas territoriais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben na sede electrónica da Xunta de Galicia como establece a Orde do 15 de setembro de 2011 (DOG nº 183, do 23 de setembro), a través da páxina https://sede.xunta.es, e será imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se a solicitude é remitida por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datada e selada na oficina de Correos antes de que se proceda á súa certificación.

2. O prazo de presentación de instancias e documentos será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Os méritos achegados fóra do prazo de presentación das solicitudes non serán valorados.

Artigo 7. Proceso de selección

O concurso desenvolverase en dúas fases:

1. Fase A. Valoración dos méritos alegados polas persoas que concursen, segundo o baremo indicado no anexo III. Aqueles aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de tres puntos no proxecto non poderán acceder á fase B.

Finalizada esta fase, publicarase no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, http://www.edu.xunta.es, a relación provisional de candidatos coa puntuación correspondente aos seus méritos e ao proxecto, e abrirase un prazo de tres días hábiles, contados a partir do día da publicación, para presentar as reclamacións oportunas. Transcorrido o dito prazo, e unha vez consideradas as reclamacións alegadas, farase pública no mesmo lugar a relación definitiva, para cada praza convocada, das persoas que pasarán á fase B.

2. Fase B. Entrevista cos candidatos seleccionados na fase A.

A entrevista versará sobre as funcións que se desenvolverán e os contidos do proxecto de actuación presentado, tendo en conta as peculiaridades da praza a que se opta. Valorarase a viabilidade e a calidade da proposta, así como a capacidade de organizar, orientar e dar respostas innovadoras ás necesidades formativas do profesorado. Para a superación da fase B será necesario obter tres puntos, como mínimo.

No caso de producirse empates no total de puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente, e por esta orde, á maior puntuación na entrevista, nas epígrafes 2, 4 e 5 do baremo.

Finalizada esta fase, publicarase no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, http://www.edu.xunta.es, a relación definitiva da baremación efectuada coa indicación das persoas seleccionadas para cada unha das prazas ofertadas e, se for o caso, as declaradas desertas. A seguir abrirase un prazo de tres días hábiles, contados a partir do día da publicación, para presentar as reclamacións ou renuncias oportunas.

Artigo 8. Comisión de selección

1. O presente concurso será resolto por unha comisión de selección formada polos seguintes membros:

– Presidente/a: a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ou persoa en quen delegue.

– Vogais: ata un máximo de catro, con categoría de subdirector ou subdirectora xeral, xefe ou xefa de servizo ou membros da Inspección educativa.

– Un/ha funcionario/a da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

– Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear un representante para asistir ás sesións da comisión, con voz e sen voto.

2. A comisión poderá dispor a constitución de subcomisións técnicas para colaborar na valoración dos méritos previstos nos puntos 1, 2, 3 e 4 do baremo do anexo III. Ás reunións desta subcomisión poderán asistir representantes das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente.

3. Os membros da comisión e da subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e están cualificadas na categoría primeira.

Artigo 9. Proposta de nomeamento

1. Transcorrido o prazo de reclamacións ou renuncias establecido no artigo 7.2 desta orde, e unha vez atendidas as mencionadas reclamacións ou renuncias, a comisión de selección elevará a proposta definitiva á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen resolverá a relación final das persoas seleccionadas ordenadas por puntuación.

A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e exporase no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, http://www.edu.xunta.es, e por ela entenderanse notificadas, para todos os efectos, as persoas concursantes ás cales afecte.

O prazo máximo para notificar a resolución deste procedemento será de seis meses contado desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e terá efectos desestimatorios a falta de resolución expresa nese período.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

3. As prazas adxudicadas son irrenunciables, salvo casos de excepcional gravidade apreciados pola Administración educativa. Os/as docentes que resulten seleccionados por esta convocatoria serán nomeados en réxime de comisión de servizos, e con reserva do posto de traballo de orixe, por períodos anuais, renovables ata un máximo de seis anos, e ao final de cada período anual establecerase un proceso de avaliación sobre o exercicio das súas funcións que determinará a súa continuidade ou non.

4. As prazas que non se cubran por ausencia de candidatos ou aquelas vacantes que, como resultado do proceso de selección, se poidan producir finalizado este, poderán proverse en comisión de servizos de maneira provisional, para o curso 2012-2013, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Artigo 10. Formación inicial e continua do persoal asesor

O persoal de asesoría das estruturas de formación permanente do profesorado que resulte seleccionado deberá participar nunha acción de formación inicial que programe a dirección xeral competente en formación permanente do profesorado, que se poderá desenvolver en distintas fases.

Cada curso escolar desenvolveranse accións de formación do equipo das estruturas de formación permanente do profesorado, seguindo o protocolo de formación interna de cada centro, ou aqueloutras que programe o Servizo de Formación do Profesorado.

De quedaren prazas vacantes nos procesos de selección, o persoal que se incorpore con posterioridade á realización da formación inicial seguirá o programa de formación establecido nos procesos de acollida do SFP, do CAFI e dos CFR.

Artigo 11. Retirada da documentación

Unha vez transcorrido un mes desde a data de publicación da resolución definitiva e durante o prazo de tres meses, as persoas interesadas, ou a súa representación legal, que manifesten non ter interposto recurso contra esta resolución, poderán recoller a documentación presentada no Servizo de Formación do Profesorado, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo entenderase que renuncian á súa recuperación e perderán todo o dereito sobre a citada documentación.

Artigo 12. Retribucións

Para os efectos de retribucións, en concepto de complemento específico, o persoal funcionario docente que resulte seleccionado poderá percibir o complemento específico correspondente a director de CFR ou asesor técnico docente, segundo proceda, e de acordo co establecido no anexo V, dous, da Orde do 13 de xaneiro de 2012 (DOG do 19 de xaneiro) pola que se ditan instrucións para a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2012.

Disposición adicional primeira

O CAFI e os CFR contarán cos centros colaboradores que figuran no anexo IV, que facilitarán os espazos e os medios necesarios para a realización de actividades de formación e, de ser o caso, para o desenvolvemento das tarefas das persoas asesoras destinadas nos propios centros colaboradores, co fin de garantir a atención a aqueles centros educativos moi distantes do CAFI e dos CFR.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO II
Requisitos específicos de acceso e prazas vacantes

1. Asesorías dos departamentos do CAFI.

Asesorías

Perfil

Corpo

Nº de prazas

Infantil e primaria

Mestre/a da especialidade de educación infantil.

597

1

Mestre/a.

597

1

Científica/tecnolóxica e social

Matemáticas, bioloxía e xeoloxía, física e química, debuxo e tecnoloxía.

511-590

1

Linguas

Lingua galega.

Lingua inglesa.

511-512-590-592-

597

1

2

Formación profesional

Todas as familias profesionais.

511-590-591

3

Organización escolar e diversidade

PES coa especialidade de orientación educativa.

511-590

2

Tecnoloxías da información e comunicación

Competencia en TIC no nivel de usuario avanzado (experiencia como coordinador/a, dinamizador/a TIC, relator/a en cursos, titor/a de formación en rede, desenvolvemento de contidos dixitais, publicación dinámica de contidos web, servizos da intranet, experiencia de traballo en equipo.

Todos os corpos

8

Formación e innovación

Actitude e competencia para impulsar procesos de investigación-acción, tanto para a produción de coñecementos como para definir experiencias concretas de acción.

Experiencia no desenvolvemento de programas de innovación.

Experiencia en dirección e xestión de procesos de formación.

Experiencia en coordinación de grupos de traballo.

Coñecementos de sistemas de calidade, mellora continua e excelencia.

Todos os corpos

2

2. Asesorías do SFP.

Área

Perfil

Corpo

Nº de

prazas

Asesor/a técnico/a docente en rexistro de formación

PES con experiencia en manexo de programas informáticos, tratamento de textos, follas de cálculo, bases de datos e coñecementos de ferramentas informáticas para o tratamento de datos estatísticos.

511-590

1

Asesor/a técnico/a docente en tecnoloxías da información e comunicación

Amplo coñecemento de ferramentas informáticas de desenvolvemento e explotación de sistemas informáticos e de comunicación.

Experiencia en coordinación de grupos.

Todos os corpos

1

Asesor/a técnico/a docente en formación

Coñecemento das estruturas de formación.
Experiencia no deseño e desenvolvemento de actividades de formación.
Experiencia en coordinación de grupos.

Todos os corpos

1

3. Asesorías dos CFR.

Área

Perfil

Corpo

Infantil e primaria

Mestre ou mestra de infantil ou primaria.

597

Lingüística e social

Lingua ou sociais.

511-590-597

Científica e tecnolóxica

Matemáticas, bioloxía e xeoloxía, física e química, debuxo e tecnoloxía.

511-590-597

Artística e deportiva

Educación física, plástica ou música.

511-513-590-591-593-594-
595-596-597

Formación profesional

Todas as familias profesionais.

511-590-591

Tecnoloxías da información e da comunicación

Experiencia no uso didáctico das TIC. Competencia no uso de ferramentas web 2.0 aplicadas a bibliotecas escolares.

Todos os corpos

Linguas estranxeiras

Inglés.

511-512-590-592-
597

Organización escolar e diversidade

Experiencia en equipos directivos, xefatura de departamento, coordinación de ciclo ou departamento de orientación.

Todos os corpos

Nota. Códigos dos corpos.

511 Catedráticos de ensino secundario.

512 Catedráticos de escolas oficiais de idiomas.

513 Catedráticos de artes plásticas e deseño.

590 Profesorado de ensino secundario.

591 Profesorado técnico de formación profesional.

592 Profesorado de escolas oficiais de idiomas.

593 Catedráticos de música e artes escénicas.

594 Profesorado de música e artes escénicas.

595 Profesorado de artes plásticas e deseño.

596 Mestres de taller de artes plásticas e deseño.

597 Mestres.

Prazas vacantes dos CFR.

Área

CFR

A Coruña

Centro
colaborador

CFR Ferrol

CFR Lugo

Centro
colaborador

CFR
Ourense

Centro
colaborador

CFR
Pontevedra

Centro
colaborador

CFR Vigo

Infantil e primaria

0

0

0

0

0 (Monforte)

0

0 (Verín)

0

0 (Lalín)

0

Lingüística e social

0

0

0 (Verín)

0

1

Científica e tecnolóxica

1

0 (Burela)

0

0

0

Artística e deportiva

0

0

0 (Monforte)

0 (O Barco)

1

0

Formación profesional

1

0

0

0

0

1

Tecnoloxías da información e comunicación

0

1 (Vimianzo)

1

0

0 (Burela)

0

0 (O Barco)

0

0 (Lalín)

0

Linguas estranxeiras

0

0

0

0

0

2

Organización escolar e diversidade

0

0

0

0

0

1

Dirección CFR

0

0

1

0

0

0

ANEXO III
Baremo

Méritos

Punto

Máximo total de puntos

Documentos

xustificativos

FASE A

1. Méritos académicos.

1.1. Título de doutor.

1.2. Por pertencer ao corpo de catedráticos.

1.3. Por cada titulación universitaria de grao superior distinta á alegada para o ingreso na función docente.

1.4. Por cada titulación universitaria de grao medio distinta á alegada para o ingreso na función docente.

1

1

0,50

0,25

3

Copia compulsada dos títulos ou certificacións

2. Experiencia en formación permanente.

2.1. Dirección ou asesoría dun centro de formación do profesorado.

2.2. Relatorios relacionados coa praza a que se opta.

2.3. Asistencia a actividades de formación relacionadas coa praza a que se opta.

(Só se terán en conta certificacións emitidas polas administracións educativas ou de actividades homologadas).

0,25 por ano
0,15 por cada 10 horas
0,05 por cada 10 horas

4

Copia compulsada da certificación acreditativa

3. Experiencia na xestión educativa.

3.1. Dirección de centro educativo público.

3.2. Xefatura de departamento.

3.3. Coordinación de ciclo.

3.4. Membro de equipo directivo dun centro educativo público.

3.5. Desempeño dun posto de igual ou maior nivel na Administración educativa.

0,25 por ano
0,10 por ano
0,10 por ano
0,15 por ano
0,25 por ano

3

Copia compulsada do nomeamento

4. Antigüidade.

4.1. Como funcionario/a de carreira, a partir dos que se exixen como requisito.

0,20 por ano

3

5. Proxecto.

6

O propio proxecto

FASE B

Entrevista.

6

ANEXO IV
Contido do proxecto que deben presentar as persoas aspirantes a prazas
de director de CFR e a asesorías do CAFI e CFR

1. Dirección de CFR.

Proxecto de dirección:

a) Contexto:

– Estrutura socioeducativa do ámbito de actuación do CFR.

– Valoración das principais liñas estratéxicas de formación permanente do profesorado no sistema educativo galego. Propostas de actuación.

b) Desenvolvemento das competencias profesionais do profesorado. Propostas de acción.

c) Organización interna e xestión de recursos: planificación, seguimento e avaliación nun sistema de mellora continua.

d) Achegas persoais.

2. Asesorías de CAFI e CFR.

Proxecto de actuación: adaptación á asesoría/departamento a que se opta.

a) Contexto do proceso de formación permanente do profesorado en Galicia.

b) Valoración das principais liñas estratéxicas de formación permanente do profesorado no sistema educativo galego.

c) Competencias profesionais do profesorado: definición, itinerarios formativos, seguimento e avaliación.

d) Proposta de actuación para a praza a que se opta.

e) Achegas persoais.

3. Asesorías do SFP.

Proxecto de actuación: adaptación á praza a que se opta de acordo co perfil que se determina no anexo II, e deberá conter os obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición a que corresponde a praza que se solicita.

ANEXO V
Centros colaboradores

• Centros colaboradores CFR Pontevedra:

– CIFP Xunqueira.

Vilagarcía: EOI.

Lalín:

– IES Laxeiro.

– IES Ramón María Aller Ulloa.

• Centros colaboradores CFR Ferrol:

– CIFP Rodolfo Ucha.

– IES Ferrolterra.

As Pontes: IES Castro da Uz.

• Centros colaboradores CFR Lugo:

– IES nº 1 Politécnico.

– IES Leiras Pulpeiro.

Monforte:

– EOI.

– IES Daviña Rei.

Zona norte:

– IES Perdouro de Burela.

– IES María Sarmiento de Viveiro.

– IES Porta da Auga de Ribadeo.

• Centros colaboradores CFR Vigo:

– IES Politécnico de Vigo.

– IES Manuel Antonio.

Tui: IES San Paio.

Cangas: IES Rodeira.

• Centros colaboradores CFR Ourense:

– Escola de Arte Antonio Faílde.

O Barco: extensión do CFR.

Verín: IES Xesús Taboada Chivite.

• Centros colaboradores A Coruña:

– CIFP Anxo Casal.

– IES Universidade Laboral (Culleredo).

Carballo: IES Isidro Parga Pondal.

Vimianzo: IES Terra de Soneira.

• Centros colaboradores CAFI:

Santiago:

– CIFP Compostela.

– CIFP Monte de Conxo.

– IES de Pontepedriña.

A Pobra:

– IES da Pobra do Caramiñal.

Ribeira:

– IES Coroso.

missing image file