Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2012/31-2, 8000 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: OCR Os Gueimondes.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV, con orixe no apoio metálico existente P-138 da L.M.T.A. Bretoña-ST Meira e final no OCR Os Gueimondes proxectado, formada por tres circuítos, cunha lonxitude por circuíto de 65 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-150.

– OCR Ouviaña en edificio prefabricado tipo PFU-3, no cal se instalan tres celas de liña, e unha cela de liña con transformador de servizos auxiliares SSAA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 23 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo