Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T.S. derivación A Areíña, no concello de Gondomar, a cal conta con autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do 21 de abril de 2008 (expediente IN407A 2008/43-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. derivación A Areíña.

Situación: concello de Gondomar.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor tipo R.H.Z. de 955 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Elduayen 22 e final no centro de transformación Fontenla-Vilaza. A instalación está situada en Gondomar.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Concello: Gondomar.

Provincia: Pontevedra.

L.M.T.S. derivación A Areíña.

Afeccións

predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos/Enderezo

ml

sub.

m2

sub.

1

Fontán

Mato

– Hros. Rosa Pérez Iglesias

/Repr.: Mercedes Rodríguez Quintas

Eduardo Iglesias, nº 13. 36380 Gondomar, Pontevedra

11.0

18.0

2

Fontán

Piñeiral

– Descoñecido

22.0

33.0

3

Fontán

Piñeiral

– Ernesto Marquéz Carrera

Rosalía de Castro, nº 50. 36201 Vigo, Pontevedra

32.0

47.0

4

Portela

Piñeiral

– Carmen Estévez Pérez

Portelo-Vilaza, nº 3. 36380 Gondomar, Pontevedra

6.0

9.0

5

Fontán

Mato

– Ángel Fernández Piedra

Descoñecido

4.0

7.0

6

Fontán

Mato

– Carmen Estévez Pérez

Portelo-Vilaza, nº 3. 36380 Gondomar, Pontevedra

9.0

13.0

7

Fontán

Mato

– José Costas Pereira

Igrexa, nº 35. 36380 Gondomar, Pontevedra

/Repr.: Florentino Costas

9.0

13.0

8

Lg. Portelo-Vilaza

Urbana

– Carmen Estévez Pérez

Portela-Vilaza, nº 3. 36380 Gondomar, Pontevedra

7.0

10.0

9

Lg. Portela-Vilaza

Urbana

– Fernando Lorenzo Roade

Estr. Gobernador-Praia América, nº 17. 36350 Nigrán, Pontevedra

41.0

124.0

10

Lg. Portelo-Vilaza

Urbana

– Fernando Lorenzo Roade

Estr. Gobernador-Praia América, nº 17. 36350 Nigrán, Pontevedra

26.0

78.0

11

Lg. Portelo-Vilaza

Piñeiral

– Fernando Lorenzo Roade

Estr. Gobernador-Praia América, nº 17. 36350 Nigrán, Pontevedra

42.0

63.0

12

Carrasquedo

Piñeiral

– Nieves Carrera Carrera

Avda. A Romana-A Ramallosa. 36350 Nigrán, Pontevedra

23.0

34.0

13

Av. Campo Feria -Gondomar

Urbana

– Nieves Carrera Carrera

Avda. A Romana-A Ramallosa. 36350 Nigrán, Pontevedra

34.0

33.0

14

Av. Campo Feria-Gondamar

Urbana

– Descoñecido

25.0

39.0