Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23362

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 11 de maio de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución LD-01/2012, da mesma data, pola que se convoca, polo sistema de libre designación, a provisión dun posto de xefe de servizo de Atención Primaria (SAP de Caranza).

A citada resolución estará exposta na mesma data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e na páxina web do Sergas.

A solicitude poderá presentarse no prazo de quince días desde o seguinte ao desta publicación.

Ferrol, 11 de maio de 2012

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de FerroI