Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23374

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1184/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no día da data, no proceso seguido por instancia de Miguel Ángel López Posse contra Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1184/2009 acordouse notificar a Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U., en ignorado paradoiro, o ditame da sentenza recaída neste procedemento.

«Decido que, estimando a demanda interposta por Miguel Ángel López Posse contra a empresa Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U., condénoa a que lle aboe a cantidade de dez mil cincuenta e seis euros e vinte e seis céntimos (10.056,26 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para impugnar; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de citación a Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 25 de maio de 2012

A secretaria xudicial