Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (823/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 823/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gustavo Daniel Rojo Mato contra a empresa Jubean Constructora, S.L., Grupo Jubelope, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Decido que, considerando a demanda interposta por Gustavo Daniel Rojo Mato contra as empresas Grupo Jubelope, S.L. e Jubean Constructora, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 5.7.2011 e condénoas a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opten entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade –salvo erro ou omisión– de sete mil novecentos dezanove euros e dez céntimos (7.919,10 €); con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, en contía de cincuenta e oito euros e sesenta e seis céntimos (58,66 €) diarios; debendo poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén a consignación na indicada conta da suma de trescentos euros preceptiva para impugnar; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jubean Constructora, S.L. e Grupo Jubelope, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 25 de maio de 2012

A secretaria xudicial