Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 14 de xuño de 2012 Páx. 23372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (573/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 573/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Martín Acosta García contra a empresa Carpinox Coruña, S.L.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo ditame se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Alejandro Martín Acosta García contra a empresa Carpinox Coruña, S.L.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 20.4.2011 e declaro extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade –salvo erro ou omisión– de dez mil novecentos cincuenta e seis euros e sesenta céntimos (10.956,60 €) e con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a vinte e un mil cento oitenta e dous euros e setenta e seis céntimos (21.182,76 €).

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo do depósito da cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para impugnar; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpinox Coruña, S.L.L. e a súa representante legal María Carmen Figueroa Martínez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

A Coruña, 25 de maio de 2012

A secretaria xudicial