Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Social número 3 da Coruña, hago saber: que nos autos rexistrados co número 66/2010 se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:
«Sentenza.
A Coruña, 23 de maio de 2012
Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 66/2010, sendo demandante Silvia Rey Varela, asistida pola letrada Sra. Vázquez Méndez, e demandada a empresa Vargas Oliveira Tomás Matías, despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).
Dispoño que debo estimar e admito a demanda interposta por parte de Silvia Rey Varela contra a empresa Vargas Oliveira Tomás Matías e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a Silvia Rey Varela a cantidade de 2.332,45 euros que debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.
Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.
Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.
Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.
Así o pronuncio, mando e asino.
Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuiza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».
E para que sirva de notificación a Vargas Olveira Tomás Matías, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 29 de maio de 2012
A secretaria xudicial