Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23927

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (24/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, do Xulgado do Social numero 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 24/2010, por instancia de José Varela Velo contra Ibermutuamur, Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Hierros y Derivados Antelo, S.L., sobre incapacidade, nos cales recaeu sentenza o 23 de maio de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que se desestima a demanda interposta por José Varela Velo fronte a Mutua Ibermutuamur, Mutua Umivale Hierros y Derivados Antelo, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, estimando a excepción de falta de lexitimación pasiva oposta pola Mutua Ibermutuamur, e, en consecuencia, absólvese o resto de codemandados das pretensións fronte a eles exercidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hierros y Derivados Antelo, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2012

O secretario xudicial