Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24488

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 602/2011, interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 602/2011, interposto polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, contra a Resolución do 11 de abril de 2011 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de marzo de 2011, que aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Mar (DOG nº 78, do 20 de abril).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública