Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24516

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3124/2010).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección nº 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 3124/2010 desta sección, seguido por instancia de Raúl Pereira Carreiro e Carlos Benítez González contra a empresa Promotora Pino Manso Porriño, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre incapacidade temporal, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación formulado polo INSS, ambos contra a Sentenza do 12 de marzo de 2010, do Xulgado do Social número 4 de Vigo, ditada no xuízo seguido por instancia de Raúl Pereira Barreiro e Carlos Benítez González contra o INSS, a TXSS e a empresa Promotora Pino Manso Porriño, S.L., a sala decláraa firme.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto no artigo 218 e seguintes da Lei da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro, Promotora Pino Manso Porriño, S.L., de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos.

A Coruña, 28 de maio de 2012

A secretaria xudicial