Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24514

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 892/2012MRA).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 892/2012MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 420/2011 Xulgado do Social número 2 de Ferrol.

Recorrente: María Ángeles Tojeiro Pazos.

Avogado: Xosé Daniel Besteiro López.

Recorridos: Fogasa, Cárnicas Varela, S.L.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 892/2012MRA desta sección, seguido por instancia de María Ángeles Tojeiro Pazos contra a empresa Fogasa, Cárnicas Varela, S.L. sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante, contra a sentenza de data 2.9.2011, ditada polo Xulgado do Social núm. 2 de Ferrol, en autos 420/2011, revogámola en parte e, con estimación da demanda reitora, condenamos a demandada ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde o día seguinte ao despedimento (1.5.2011) e ata a data da sentenza de instancia, que declara extinguida a relación laboral (2.9.2011), 125 días cun módulo salarial diario de 41,70 euros, ratificando a sentenza de instancia nos seus restantes pronunciamentos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do TSX de Galicia.

Modo de impugnación: fáise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso» seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos, por esta nosa sentencia».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións no xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cárnicas Varela, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de maio de 2012.