Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato.

En cumprimento do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á adxudicación que se indica a continuación:

1. Obra de execución da cuberta no CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén (Pontevedra).

1.1. Adxudicatario: Obreal, S.L.

1.2. Orzamento: 120.689,33 € (IVE incluído).

1.3. Data de adxudicación: 29 de maio de 2012.

1.4. Data de formalización do contrato: 4 de xuño de 2012.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria