Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de instalación, configuración e posta en marcha a nivel usuario dos equipamentos tecnolóxicos adquiridos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (expediente SXSI 07/12).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.

c) Número de expediente: SXSI 07/12.

2. Obxecto de contrato: o obxecto do presente contrato consiste na realización do servizo de instalación, configuración e posta en marcha a nivel usuario dos equipamentos tecnolóxicos adquiridos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. CPA-2008: 62.02.30. CPV: 72611000-6.

b) Lugar de realización do servizo: nas instalacións dos centros educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Prazo de execución: tres (3) meses.

d) Admisión de prórroga: non.

e) Establecemento dun acordo marco: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72611000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 118.890,00 €. IVE (18%: 21.400,20 €). Importe total: 140.290,20 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

6. Clasificación.

a) Clasificación da empresa: grupo V, subgrupo 5, categoría a.

7. Obtención de documentación e información.

7.1. Información:

a) Entidade: oficina de Información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

7.2. Adquisición dos pregos:

a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.

b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio Administrativo San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 17659

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

b) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

2ª Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o oitavo día hábil contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 10.00 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria