Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24807

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO sobre solicitude de licenza para instalación de actividade gandeira.

Neste concello atópase en trámite expediente promovido por Ganadería Caraves, S.C. para a obtención de licenza de instalación de actividade de establo libre para sesenta vacas, instalacións de sala de muxidura e balsa de purín en explotación de vacún leiteiro en Caneda.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, respectivamente, ao obxecto de que poida ser examinado, na Secretaría do Concello, en horas de oficina, polas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións u observacións que se consideren oportunas.

Monforte de Lemos, 8 de xuño de 2012

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde