Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24995

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada

EDICTO (135/2002).

Procedemento: procedemento ordinario 135/2002 sobre outras materias.

De Odón Vázquez Castro, Antonio Castro Yáñez, Emérito Castro Serén.

Procurador: Jesús María Cedrón Trigo.

Contra: Antonio Mazaira Pérez, Segundo Pérez Rodríguez, Dolores Sancáez Lamela, Marina Rodríguez Castro, Juan Luis Batanero Pérez, Celso Castro Castro, Manuel Pérez Castro, Guillermo Pérez Castro, Julián Pérez Castro, José Antonio Rodríguez Sindín, María Dolores Vázquez Núñez, Josefa Rodríguez.

Procuradores: Francisco Álvarez López e Esperanza Rodríguez Brage.

Denise Romero Barciela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, fai saber que neste procedemento se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 139.

En Chantada o trinta de decembro de dous mil nove.

Vistos por min, Mª Yanet Puga Pérez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario nº 135/2002, promovido polo procurador Sr. Cedrón Trigo, en nome e representación de María Begoña Castro García, quen actúa en representación da comunidade hereditaria causada polo falecemento de Emérito Castro Serén, Odón Vázquez Castro e José Castro López, quen actúa en beneficio da comunidade hereditaria de Antonio Castro Yáñez, e os tres en representación da comunidade hereditaria de Manuel Castro Serén, asistidos polo letrado Sr. Fernández Varela, contra Marina Rodríguez Castro e Juan Luis Batanero Pérez, representados polo procurador Sr. Gómez Couceiro e defendidos polo letrado Sr. Núñez-Torrón Latorre, José Antonio Rodríguez Sindín e María Dolores Remedios Vázquez Núñez, representados pola procuradora Sra. Rodríguez Brage e defendidos polo letrado Sr. Tato Herrero, Antonio Mazaira Pérez, Josefa Rodríguez López, Segundo Pérez Rodríguez, Dolores Sánchez Lamela, Clara Pérez Castro, que actúa en nome propio e como herdeira de Celso Castro Serén, Yusmary, Yordany e Yovany Pérez Santana, en calidade de herdeiros de Manuel Pérez Castro, Guillermo Pérez Castro e Julián Pérez Castro, declarados todos eles en situación de rebeldía procesual, e Pilar Mazaira Pérez e Olga Mazaira Pérez, representadas polo procurador Sr. Fernández Rodríguez e defendidas polo letrado Sr. Arias Vidal, sobre nulidade de negocios xurídicos.

Decido que estimando parcialmente a demanda interposta polo procurador Sr. Cedrón Trigo, en nome e representación de María Begoña Castro García, Odón Vázquez Castro e José Castro López, contra Marina Rodríguez Castro, Juan Luis Batanero Pérez, José Antonio Rodríguez Sindín, María Dolores Remedios Vázquez Núñez, Clara Pérez Castro, Yusmary, Yordany e Yovany Pérez Santana, Guillermo Pérez Castro, Julián Pérez Castro, Antonio, Pilar e Olga Mazaira Pérez, Josefa Rodríguez, Segundo Pérez Rodríguez e Dolores Sánchez Lamela:

1º. Debo declarar e declaro parcialmente nula a escritura do 11 de outubro de 1999, outorgada ante a fe do notario de Chantada Daniel Balboa Fernández por Marina Rodríguez Castro, en canto aceptación da herdanza e adxudicación a Celso Castro Serén (ou Castro Castro) dos bens de Manuel Castro Serén.

2º. Debo declarar e declaro parcialmente nula a escritura do 11 de outubro de 1999, outorgada ante a fe do notario de Chantada Daniel Balboa Fernández por Marina Rodríguez Castro e Juan Luis Batanero Pérez, en canto estes adquiren por compra os bens da herdanza de Manuel Castro Serén que foran previamente adxudicados a Celso Castro Serén (ou Castro Castro).

3º. Debo absolver e absolvo a José Antonio Rodríguez Sindín e a María Dolores Remedios Vázquez Núñez das pretensións fronte a eles deducidas na demanda, e deberán ser mantidos na adquisición por eles realizada a Marina Rodríguez Castro e a Juan Luis Batanero Pérez dos predios monte de Baixo de Brusquedo e Brusquedo, documentada en escritura pública outorgada o día 13 de xullo de 2000 ante a fe do notario Alfredo Arturo Lorenzo Otero, e isto por reunir os requisitos do terceiro hipotecario, e en calquera caso quedando a salvo as accións que á comunidade hereditaria de Manuel Castro Serén lle poidan corresponder contra Marina e Juan Luis por ter alleado tales predios con coñecemento de que carecían de titulo habilitante para iso.

4º. Que debo condenar e condeno a Marina Rodríguez Castro e a Juan Luis Batanero Pérez a deixar ir á disposición da comunidade hereditaria de Manuel Castro Serén os predios a que se fixo referencia nos puntos 1º e 2º da presente decisión (coa excepción de monte de Baixo de Brusquedo e Brusquedo polas razóns expostas no punto 3º, e da leira da Revolta de Peizás, que foi permutada pola correspondente comunidade hereditaria a Manuel García por Brusquedo).

5º. Que debo ordenar e ordeno a cancelación dos asentos que con motivo dos negocios xurídicos a que se fai referencia nos puntos 1º e 2º da presente decisión se puidesen practicar no Rexistro da Propiedade de Chantada, deixando a salvo os asentos a que deu lugar o negocio xurídico previsto no punto 3º.

6º. Que debo absolver e absolvo a Marina Rodríguez Castro e a Juan Luis Batanero Pérez das demais pretensións fronte a eles deducidas na demanda, e aos demais demandados dos pedimentos fronte a eles dirixidos na demanda.

Cada parte aboará as custas procesuais causadas pola súa instancia e as comúns por metade, excepto as devindicadas por José Antonio Rodríguez Sindín e María Dolores Remedios Vázquez Núñez e por Pilar e Olga Mazaira Pérez, que serán sufragadas pola parte demandante.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Esta resolución non é firme, e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, na forma e prazo previstos na LAC para ante a Audiencia Provincial de Lugo, logo de consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta na entidade Banesto con número 0030 6088 2286 0000 04 013502, o depósito de 50 euros, segundo se exixe na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o seu orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Yovany Pérez Santana, declarada en situación de rebeldía e actualmente en paradoiro descoñecido expido e asino este edicto.

Chantada, 24 de febreiro de 2010

A secretaria