Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (555/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 555/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo García Coído contra Clave Rehabilitación, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza do teor literal seguinte:

«Que estimando a demanda presentada por Gonzalo García Coído contra a empresa Clave Rehabilitación, S.L., e contra o Fogasa, debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 7.927,49 euros, máis os xuros de demora. Procede a absolución do Fogasa, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que lle poida corresponder nos casos legalmente previstos».

E para que sirva de notificación en forma a Clave Rehabilitación, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 1 de xuño de 2012

O secretario xudicial