Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (102/2011).

Nº de autos: execución de títulos xudiciais 102/2011.

Demandante: Santo Pérez de Jesús.

Avogado: Xermán Vázquez Díaz.

Demandados: Manuel López Neira, Cocobongo, C.B.

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 102/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Santo Pérez de Jesús contra a empresa Manuel López Neira e Cocobongo, C.B., sobre despedimento, se ditou con data 21.10.2011 decreto de embargo cuxa parte dispositiva é a seguinte:

– O embargo do 50% do terreo que a continuación se describe propiedade de Manuel López Neira:

Predio de Gancia número 20865, inscrito no tomo 1940, libro 1168, folio 215 inscrición 9.

Situada na praia de Gandía, rúa Formentera, Studios Solmar número 9, escaleira 1, porta 2, planta baixa.

Número da propiedade horizontal: 2.

Natureza urbana: vivenda.

Superficie construída: trinta e cinco metros cadrados.

Lindeiros: dereita rúa Mallorca.

Esquerda: apartamento número 1 da planta baixa do mesmo bloque ou 1ª escaleira.

Fondo predio apartamentos Solmar.

Referencia catastral: 5317602YJ4251N0002JZ.

– Librar mandamento, por duplicado unha vez firme a presente resolución e despois de notificarse a Mª Luz Marina Urrego de Osorio, para que se faga anotación preventiva do embargo trabado nestes autos, no Rexistro da Propiedade de Gandía, remitíndose o dito mandamento por correo, ao Rexistro indicado, onde se estenderá o correspondente asento de presentación, e quedará en suspenso a práctica da anotación ata que se presente o documento orixinal na forma prevista na lexislación hipotecaria.

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel López Neira e a Luz Marina Urrego de Osorio, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de Valencia e o Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 31 de maio de 2012

O secretario xudicial