Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25112

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de información pública sobre legalización da explotación de vacún de leite e construción de leitaría en Cimadevila (A Mota).

Marina Varela Rodríguez, en representación de SAT Casa do Pintor solicitou desta Alcaldía licenza municipal para legalización de actividade da explotación de vacún de leite e construción de leitaría, que se situará en Cimadevila-A Mota. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Guntín, 14 de xuño de 2012

P.D. (Decreto 8.6.2012)
José Javier Santiso Iglesias
Primeiro tenente de alcalde