Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25301

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1111/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1111/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis García Rendo contra a empresa Marfur Obras y Reformas, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada e en consecuencia condeno a Marfur Obras y Reformas, S.L. a aboar á demandante 4.523,62 euros, máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade.

Absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade en atención ao disposto no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación do depósito de 300 euros e, no caso da empresa condenada, do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que lle sirva de notificación en legal forma á demandada Marfur Obras y Reformas, S.L., en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2012

A secretaria xudicial