Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25288

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1139/2011).

María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1139/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Dolores Roca Conde e Yolanda Nión López contra a empresa Belle de Jour, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que debo estimar e estimo a pretensión subsidiaria da demanda interposta por Pilar Dolores Roca Conde, con DNI 34898911-E, e Yolanda Nión López, con DNI 79315536-J, contra a empresa Belle de Jour, S.L., e cualifico como improcedentes os despedimentos con data 15.11.2011 e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral das demandantes coa empresa demandada, con efectos do día de hoxe, día 18.4.2012, e condeno a dita entidade a se ater á anterior declaración, así como ao aboamento ás traballadoras das seguintes cantidades:

Para a Sra. Roca Conde:

Indemnización

Salarios de trámite 16.10.2011/18.4.2012

20.163,6 € (540 días * 37,34 €)

6.945,24 €

Para a Sra. Nión López:

Indemnización

Salarios de trámite 16.10.2011/18.4.2012

23.328,9€ (630 días * 37,03 €)

6.887,58 €

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e cabe interpor contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír por aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén deberá acreditar na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este requisito non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Belle de Jour, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de xuño de 2012

A secretaria xudicial