Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (481/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 481/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Lema Santabaya, Felipe Trillo Martínez e Benedicto Trillo Martínez contra a empresa Conszoa, S.L., en reclamación por ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 28 de maio de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandantes, Alberto Lema Santabaya, Felipe Trillo Martínez e Benedicto Trillo Martínez, (en cuxo nome e representación comparece o letrado Miguel Ángel Nouche Ferreira), e doutra e como demandada, a empresa Conszoa, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda formulada por Alberto Lema Santabaya, Felipe Trillo Martínez e Benedicto Trillo Martínez contra a empresa Conszoa, S.L., condeno a esta a lles aboar a cada un deles a cantidade de 2.714,81 euros que lles debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Conszoa, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de xuño de 2012

O secretario xudicial