Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25292

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1074/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1074/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Rodríguez Agra contra a empresa Hostelmor, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Fernando Rodríguez Agra, con DNI 32760134S, contra a empresa Hostelmor, S.L.U., debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 2.187,17 euros, máis o xuro por demora do 10%, que só se percibirá con respecto aos conceptos salariais reclamados.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación, pois a contía litixiosa da reclamación non excede os 3.000 euros (artigo 191.2.g LPL).

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelmor, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xuño de 2012

A secretaria xudicial