Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25467

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.

Na sesión que tivo lugar o día 13 de xuño de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 13 de decembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Que de conformidade co establecido na base II.1.1.3 da orde da convocatoria, superaron o terceiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/las aspirantes que se presentaron ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. Segundo o disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.1.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de xuño 2012

Xan Xosé Castro Dapena
Presidente do tribunal