Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública para autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e o estudo ambiental das instalacións referidas ao Parque Eólico Mesada, no concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/11-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; sobre autorización de instalacións eléctricas, sométense a información pública, por solicitude da empresa Aldesa Energías Renovables de Galicia, S.L., as instalacións que a seguir se describen:

Título: Parque Eólico Mesada.

Solicitante: Aldesa Energías Renovables de Galicia, S.L.

Domicilio social: polígono industrial A Grela, rúa Juan de la Cierva, 18, 15008 A Coruña.

Concello afectado: Vila de Cruces.

Superficie afectada: 314,64 ha.

– Localización (coordenadas UTM):

Coordenadas da poligonal:

X

Y

565.098

4.740.158

565.798

4.739.948

565.951

4.739.567

565.927

4.739.020

564.009

4.737.653

563.569

4.737.793

563.562

4.738.442

As coordenadas dos aeroxeradores son:

X

Y

565.211

4.739.802

565.366

4.739.599

565.594

4.739.298

– Características técnicas do parque eólico:

• 3 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 4.500 kW.

• Potencia total admitida: 11 MW (limitada por Resolución do 20.12.2010 da DXIEM).

• Produción neta anual estimada: 34.821 MWh/ano.

• Orzamento total: 17.063.509,35 euros.

– Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

• 3 transformadores de 5.000 kVA instalados no interior do aeroxerador cunha relación de transformación 0,69/30 kV.

• Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes a 30 kV.

• Subestación transformadora equipada con transformador de 10/15 MVA, relación de transformación 66/30 kV, aparellaxe de medida, protección, telemando, grupo electróxeno e demais equipamento auxiliar.

– Obxecto da información pública:

• Estudo ambiental.

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

• Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

– Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como ás persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas nesta xefatura territorial sita na avenida Fernández Ladreda nº 43 de Pontevedra (36003), no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.

O prazo de información pública para o proxecto sectorial é de 30 días contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O proxecto sectorial poderase examinar nesta xefatura territorial e no concello de Vila de Cruces.

Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderanse examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, concello de Vila de Cruces, e nesta xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, podendo presentarse ante ela cantas alegacións se consideren oportunas dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, cando, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 4 de xuño de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

missing image file
missing image file