Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica L.M.T. Castro de Beiro-Quintela no concello de Ourense (expediente IN407A 2012/6-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. Castro de Beiro-Quintela.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas:

L.M.T. aérea a 20 kV ao C.T. Eirasvedras (32CHQ5) tramo 75 m con condutor LA-110 que se vai retensar, desmontando o resto da L.M.T. segundo o proxecto.

L.M.T. aero-subterránea, con tramo de 127 m dobre circuíto en aéreo, con condutor LA-110 polo mesmo trazado da L.M.T. existente, que se vai desmontar, e tramo subterráneo de 340 m, con condutor R.H.Z.1. 3×240 Al con entrada e saída no C.S. proxectado 5.L, con orixe no C.T. caseta existente de Quintela (32C724) e final no PAS proxectado (conexión con Vll-812) segundo o proxecto.

R.B.T. subterránea de 180 m con condutor X.Z.1., con orixe no C.T. Quintela (32C724) e remate no C.S. proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 4 de xuño de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense