Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 12 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica o acordo de iniciación do expediente sancionador E.S. 29/12 seguido a Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L.

Notifícaselle a denunciada cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador, que se cita no anexo, ditado pola xefa territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, e que na súa parte dispositiva di: «Á vista da denuncia presentada pola Garda Civil do posto do Milladoiro-Ames (A Coruña), remitida a esta xefatura territorial, considérase que existe unha posible infracción da Lei de industria que xustifica a incoación do presente expediente sancionador».

A interesada dispón do prazo de quince días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo para presentar alegacións, documentos e informacións, perante a xefa territorial da Coruña, e dentro deste prazo poderá examinar o expediente instruído na Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 12 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Denunciada: Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L., CIF: B27759398.

Enderezo coñecido: r/ Doutor Carracido, 43, 36205 Vigo (Pontevedra).

Infracción: alínea i) da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e artigo 33.3.j) da Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia.