Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2012/123-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: r/ Virxe da Luz nº 3-baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T.A. subderivación Santa Baia e C.T. Santa Baia.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 952 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T.A. O Couto-Piñoi e final no C.T. proxectado. Centro de transformación de 160 kV, R.T. 20 kV/400 V, situado en Santa Baia do Mato, Lougares-Mondariz. R.B.T. de 165 metros con condutor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda 43-5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de maio de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra