Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25537

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre ampliación do centro de almacenamento de gas propano en Lagazós, Lalín de Arriba (expediente 6583/11).

Ignacio Quiroga Liaño, en representación de Repsol Butano, S.A. (expediente 6583/11), presentou neste concello solicitude de licenza para ampliación do centro de almacenamento de gas propano sito no lugar de Lagazós, Lalín de Arriba, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado durante un prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formulen os interesados as alegacións que xulguen convenientes.

Lalín, 7 de xuño de 2012

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde