Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25538

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de información pública sobre aprobación da emenda ao documento de aprobación provisional de modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal deste concello na Barciela.

Asunto: modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal (A Barciela).

O 31 de maio de 2012 o Pleno do Concello de Oroso aprobou a emenda ao documento de aprobación provisional da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oroso (A Coruña) na Barciela, aprobado polo Pleno do Concello o 28.7.2011 e 24.11.2011 para os efectos de cumprir co requirimento da Orde do 28.2.2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, e iniciar un período de información pública do expediente durante dous meses meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia.

O prazo da exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións pertinentes.

A documentación do expediente atópase ao dispor do público na Oficina Municipal de Urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Oroso, 1 de xuño de 2012

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde