Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25539

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación das bases e da convocatoria de proceso de selección para a provisión dunha praza de funcionario por promoción interna, mediante concurso-oposición.

O alcalde-presidente, por Resolución da Alcaldía do 23 de maio de 2012, aprobou as bases e a convocatoria do proceso de selección para a provisión por promoción interna, mediante concurso-oposición, dunha praza de funcionario, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, operario de servizos múltiples, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello. As referidas bases figuran no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 125, do día 1 de xuño de 2012.

O que se fai público para que todos os interesados poidan presentar a súa solicitude dentro do prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio neste diario.

A publicación dos demais anuncios referidos ao proceso realizaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello.

Paradela, 4 de xuño de 2012

José Manuel Mato Díaz
Alcalde