Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25540

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Páramo

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de construcións agrarias: corte de vacún de leite e legalización de balsa de xurro en Moscán.

Obdulia Losada López, solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de construccións agrarias: corte de vacún de leite e legalización de balsa de xurro que se situará en Moscán. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou obsevacións que xulguen oportunas.

O Páramo, 14 de xuño de 2012

O alcalde