Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25541

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre xestión de vehículos ao final da súa vida útil no polígono industrial de Tremoedo.

Santorum & Martínez, S.L., representado por Ventura Santorum Viñas, solicita desta Alcaldía licenza municipal para actividade de xestión de vehículos ao final da súa vida útil no polígono industrial de Tremoedo, parcelas 4-6, 4-8 Vilanova de Arousa, cunha superficie 2.084 m2.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante o período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Vilanova de Arousa, 12 de xuño de 2012

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde