Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26299

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Fonsagrada

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación de nave para ceba de xatos e plataforma para esterco nos Fornos da Cal (San Martín de Suarna).

Manuel Núñez Monjardín, con DNI nº 76576816-H, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación de nave para ceba de xatos e plataforma para esterco, que se situará nos Fornos da Cal-San Martín de Suarna-A Fonsagrada. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Fonsagrada, 11 de xuño de 2012

O alcalde