Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26300

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre as bases da convocatoria para a concesión de axudas económicas individuais para persoas con talento deportivo (exercicio 2012).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 131, do 8 de xuño de 2012, publicáronse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas económicas individuais para o exercicio 2012 para persoas con talento deportivo, aprobadas polo Decreto 12004531 do libro de resolucións en materia de contratación e fomento do día 31 de maio de 2012.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Lugo, 8 de xuño de 2012

P.D.
José M. Díaz Grandío
Concelleiro delegado da Área de Deportes