Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 18 de xuño de 2012 pola que se fai pública a relación de resolucións relativas aos expedientes de avaliación previa á asignación das retribucións adicionais referidas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e o complemento de recoñecemento ao labor investigador, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 4 de xaneiro de 2012).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas aos expedientes de avaliación previa á asignación das retribucións adicionais referidas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e o complemento de recoñecemento ao labor investigador, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 4 de xaneiro de 2012), xa que intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións de recurso de reposición e deixar constancia da súa notificación, e advírteselles que, en caso de no comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

As citadas resolucións de recurso poñen fin á vía administrativa e poderán ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

Miguel Ángel Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Luisa María Muñoz Abeledo

33320654

1/1-11/B/1/CLD

2/1-11/B/1/CLI

José Enrique Pérez Rodríguez

33327317

36/1-11/B/17/CLD

37/1-11/B/20/CLI

Isabel Pastoriza Santos

52499227

50/1-11/B/24/CLD

51/1-11/B/27/CLI

Jorge Pérez Juste

36118648

52/1-11/B/25/CLD

53/1-11/B/28/CLI

María Teresa Díaz García

33853743

97/1-11/B/47/CLD

98/1-11/B/51/CLI

Jorge Genaro Soto Carballo

35305675

140/1-11/B/68/CLD

141/1-11/B/73/CLI

Isabel García Santos

33290076

158/1-11/B/77/CLD

159/1-11/B/82/CLI

Miguel González Pereira

34965700

211/1-11/B/103/CLD

212/1-11/B/109/CLI

Elena González Ferreiro

36105400

217/1-11/B/106/CLD

218/1-11/B/112/CLI

José Raúl Canay Pazos

35312067

213/1-11/B/104/CLD

214/1-11/B/110/CLI