Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-31/12 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco, recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberán empregar os impresos normalizados que lles serán facilitados na oficina desta Xefatura Territorial, sita na avenida da Habana nº 79, 2º de Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición 2ª da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 22 de xuño de 2012

Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-31/12.

Denunciado: José Alfonso Pérez Carral.

NIF: 34990485-X.

Establecemento: O Currunxo.

Enderezo: rúa Perfectino Viéitez, nº 7. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 120 euros.

Número de expediente: OU-E-36/12.

Denunciada: Bercel Xinzo, S.L.

NIF: B32329054

Establecemento: Q + DA.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25, baixo. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 2.400 euros máis un mes de suspensión da licenza municipal de apertura.

Número de expediente: OU-E-41/12.

Denunciada: Bercel Xinzo, S.L.

NIF: B32329054

Establecemento: Q + DA.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25, baixo. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 2.400 euros máis un mes de suspensión da licenza municipal de apertura.

Número de expediente: OU-E-56/12.

Denunciada: Bercel Xinzo, S.L.

NIF: B32329054

Establecemento: Q + DA.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25, baixo. O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción: 2.400 euros máis un mes de suspensión da licenza municipal de apertura.