De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo as propostas de resolución dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da Lei orgánica 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro de 1996), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.
Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles desde a publicación para exercer perante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, nº 79.-2º de Ourense.
Ourense, 22 de xuño de 2012
Luis Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente: OU-E-74/12.
Denunciado: Luis Bello Vázquez.
NIF: 34993739K.
Establecemento: A Botica.
Enderezo: r/ Caridade, número 20 B. O Carballiño (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.
Sanción: 120 euros.
Número de expediente: OU-E-75/12.
Denunciado: Roberto Cid Domínguez.
NIF: 76729940P.
Establecemento: Principal.
Enderezo: r/ Tomás María Mosquera, número 25 B. O Carballiño (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.
Sanción: 80 euros.
Número de expediente: OU-E-84/12.
Denunciada: Ocio Arenteiro, S.L.
NIF: B32407009.
Establecemento: Musk.
Enderezo: r/ Chamoso Lamas, número 16 A-B baixo. O Carballiño (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.
Sanción: 150 euros.
Número de expediente: OU-E-86/12.
Denunciado: Luis Bello Vázquez.
NIF: 34993739K.
Establecemento: A Botica.
Enderezo: r/ Caridade, número 20 B. O Carballiño (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.
Sanción: 210 euros.
Número de expediente: OU-E-98/12.
Denunciada: Tecnodifusion Barco, S.L.
NIF: B32282733.
Establecemento: Bik Bok.
Enderezo: r/ Abdon Blanco, número 12 B. O Barco de Valdeorras (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.
Sanción: 450 euros.
Número de expediente: OU-E-106/12.
Denunciada: Tómate Outra Solutions, S.L.
NIF: B32402927.
Establecemento: Berlín.
Enderezo: r/ Curros Enríquez, número 6. Xinzo de Limia (Ourense).
Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.
Sanción: 750 euros.