Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27038

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 2 de xullo de 2012 pola que se nomean as persoas que desempeñarán as presidencias e vicepresidencias dos consellos reguladores do ámbito agroalimentario convocados a eleccións mediante a Orde do 22 de febreiro de 2012.

Ultimando o proceso de renovación dos órganos de goberno dos dezasete consellos reguladores convocados a eleccións mediante a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 22 de febreiro de 2012 (DOG nº 41, do 28 de febreiro) e tras a elección polos seus plenos das persoas que ocuparán as súas presidencias e vicepresidencias, consonte as atribucións que teño conferidas polo Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomeamento das persoas que ocuparán as presidencias e vicepresidencias dos consellos reguladores convocados a eleccións pola Orde do 22 de febreiro de 2012.

Noméanse as seguintes persoas para ocupar as presidencias e vicepresidencias dos consellos reguladores convocados a eleccións a través da Orde do 22 de febreiro de 2012:

Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei:

Presidencia: Antonio Ángel Méndez Atanes.

Vicepresidencia: Crego e Monaguillo, S.L., representada por Asunción Rodríguez Zarraquiños.

Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas:

Presidencia: Juan Gil de Araujo González de Careaga.

Vicepresidencia: Bodegas La Val, S.L., a través do seu representante legal.

Consello Regulador da Denominación de Ribeira Sacra:

Presidencia: José Manuel Rodríguez González.

Vicepresidencia sector produtor: José María Gómez de Tojeiro Rodríguez.

Vicepresidencia sector industrial: Adegas Moure, S.A., representada por Evaristo Rodríguez López.

Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro:

Presidencia: Miguel Ángel Viso Diéguez.

Vicepresidencia: Herederos de Jesús Freijido, S.L., representada por José Felicísimo Pereira Freijido.

Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras:

Presidencia: José Luís García Pando.

Vicepresidencia sector produtor: Evaristo García Canelas.

Vicepresidencia sector industrial: Santa Marta, SAT, representada por José Guitián López.

Vicepresidencia sector cooperativo: Virgen de las Viñas, S. Coop., representada por Isabel García Díaz.

Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia:

Presidencia: José Antonio Feijoo Mateo.

Vicepresidencia: Pazo de Valdomiño, S.A., representada por Miguel Oliveira Ortega.

Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón.

Presidencia: José Ramón Torreira García.

Vicepresidencia: María Milagros Piñeiro Freire.

Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega:

Presidencia: Jesús González Vázquez.

Vicepresidencia sector produtor: Reisanto, S.C., representada por Antonio Álvarez Fernández.

Vicepresidencia sector industrial: Industrias Cárnicas J. Taboada, S.A., representada por Jesús Manuel Conchado Pereiro.

Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia:

Presidencia: Julio Gómez Fernández.

Vicepresidencia sector produtor: Carlos González Pérez.

Vicepresidencia sector industrial: Patatas Conde, S.L.

Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia:

Presidencia: María Esther Ordóñez Dios.

Vicepresidencia: José María Seijo Coello.

Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea:

Presidencia: Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez.

Vicepresidencia: Juan Luís Calviño Testa.

Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá:

Presidencia: Gema Iglesias Recalde.

Vicepresidencia sector produtor: María Isabel García Santar.

Vicepresidencia sector industrial: María del Carmen Seijo Otero.

Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia:

Presidencia: Jesús Quintá García.

Vicepresidencia: Posada Marrón Glasé, S.L., representada por José Domingo Posada González.

Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia:

Presidencia: Andrés de la Fuente Vázquez.

Vicepresidencia: María Begoña Gaute Verdes.

Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Tarta de Santiago:

Presidencia: Manuel Iglesias García.

Vicepresidencia: Tartas la Abuela, S.L., representada por Joaquín Rodríguez Piñeiro.

Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento do Couto:

Presidencia: José Manuel Castro Leirachá.

Vicepresidencia: Juan José Fraga Rico.

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia:

Presidencia: José Antonio Fernández Álvarez.

Vicepresidencia sector produtor: CMVMC de Loiro, Bentraces e Sobrado do Bispo, representada por Albino Fernández Rodríguez.

Vicepresidencia sector industrial e comercializador: Alibós Galicia, S.L., representada por Rocío Freire Rodríguez.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2012

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar