Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27133

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (143/2012).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, mediante este

Anuncio:

No presente procedemento JVB 143/2012 seguido por instancia de Financeira El Corte Inglés fronte a Jesús Casal Fraga ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 63/2012.

En Santiago de Compostela o 1 de xuño de 2012.

Vistos por Jesús Gómez Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal número 143/2012 sobre reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado por instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes e baixo a dirección letrada de José Luís Martínez-Olivares Gómez, contra Jesús Casal Fraga, en situación de rebeldía procesual, dítase esta sentenza en virtude dos seguintes:

Resolución.

Estímase integramente a demanda interposta por Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Jesús Casal Fraga, en situación de rebeldía procesual, e condénase o demandado a que aboe á demandante a cantidade de dous mil novecentos catro euros con cincuenta céntimos (2.904,50 €). Condénase o demandado ás custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso a teor do indicado no punto primeiro do artigo 455 da Lei de axuizamento civil, que establece que as sentenzas ditadas en toda clase de xuízo serán apelables, con excepción das sentenzas ditadas nos xuízos verbais por razón da contía cando esta non supere os tres mil euros.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentenza foi publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe tendo lugar audiencia pública no día da súa data, ante min a secretaria xudicial, do que dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jesús Casal Fraga, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2012

A secretaria xudicial